Nace resaca emocional, un colectivo de artistas musicais e visuais atravesado pola diversidade

Nace resaca emocional, un colectivo de artistas musicais e visuais atravesado pola diversidade
Bolboretas

resaca emocional. Este é nome do novo colectivo creativo galego que hoxe se dá a coñecer co lanzamento do seu primeiro sinxelo, Bolboretas, e que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais.

 

resaca emocional (RSK no seu nome curto) é un colectivo conformado por artistas do eido da música e das artes visuais, mais tamén dun amplo equipo técnico, no que a comunidade é a clave deste proxecto, atravesado polas diversidades e no que “todes sumen”.

 

“resaca emocional é un espazo seguro, no que todes suman. Apostamos pola creatividade e o traballo común desde a diversidade, sen importar a idade, identidade de xénero, orientación sexual ou condicionamentos mentais, sociais ou de saúde”, expresa o colectivo.

 

resaca emocional opta por un son pop, naive e sensíbel con picos do baile e desfase techno. As emocións son o eixo do imaxinario do colectivo, tal e como se poderá escoitar no seu primeiro traballo, editado por Tremendo Audiovisual, no que exploran sentimentos coma o amor, a amizade ou a paixón en todas as súas formas.

 

O primeiro avance deste traballo en común é Bolboretas, o seu sinxelo debut, “unha viaxe pop que equilibra a tensión entre o desexo contido e a catarse, pintando unha imaxe vívida da delicada danza entre a atracción e o medo”. Por medio de sintetizadores e percusións “apertantes”, ademais dunha animación coidada -creada, nesta ocasión, por Peque Varela-, a canción tamén aborda a idea “de que todes somos museos vivos, seleccións formadas por pedazos que tomamos da xente á que queremos, dando forma así ao que somos”, expón resaca emocional. 
 

Nace resaca emocional, un colectivo de artistas musicais e visuais atravesado pola diversidade

Te puede interesar