A Costa da Morte dedica toda a fin de semana a festexar as Letras Galegas

A Costa da Morte dedica toda a fin de semana a festexar as Letras Galegas
O Pazo da Cultura acolleu a entrega dos premios do certame Xosé Manuel Eirís | Marema

A Costa da Morte dedicará toda a fin de semana a festexar as Letras Galegas con distintos eventos culturais. En Carballo, este venres entregáronse os premios da 24ª edición do certame de fotografía Xosé Manuel Eirís, que gañou o conquense José Ramón Luna da Ossa, pola súa fotografía “Miedo después del miedo”. Tamén resultaron premiados Juan Rodríguez Pazos, Sandra Ramilo Rodo e Francisco López López. Todos acudiron onte o Pazo da Cultura para recibir os seus premios e para inaugurar a exposición coas imaxes presentadas ao concurso. 


En Malpica, a Casa do Pescador acolleu a presentación do libro “Edénicas”, de Andrea Fernández, obra gañadora da pasada edición do certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”.  O programa das Letras de Malpica organiza para a tarde deste sábado a representación da obra “Muiñada” da compañía Galeteatro, no río de Vaa (17.30 horas), con posterior percorrido pola área recreativa. 


M K8A7100 21054.82




En Ponteceso, o programa “Odezasete” da Fundación Pondal comeza cun roteiro literario nas terras de Muxía, no que participaran Manuel Ferreiro, Felipe Senén e Félix Neira. Ás 22.30 horas a Casa dos Veciños acollerá o monólogo de Boniface Ofogo.


En Cee, a Casa da Cultura acolle ás 21.30 horas a presentación de libro “De Cee a Compostela: un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrae”. En Zas hai unha nova cita da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose no auditorio de Baio (21.30 horas): a representación de “Un desastre de función” de Gargallada Teatro. 


En Fisterra, Mariña Lestón levará ao salón de actos (19 horas) o seu monólogo “Adolescentes” e en Cabana terá lugar na Casa do Pendón a experiencia teatral interxeneracional “Non mes das flores”, ás 16 horas.

A Costa da Morte dedica toda a fin de semana a festexar as Letras Galegas

Te puede interesar