Houbo un tempo en que era tal a popularidade de Benigno Andrade ‘Foucellas’ que a todos os maquis acabáronos chamando Foucellas. E moitos ‘Foucellas’ serán os que tomen a saída na cuarta edición desta proba onde deporte e historia irán dá man nunha nova edición do Trail de Foucellas, onde novamente non deixará a ninguén indiferente, nunha proba que é xa un referente dentro dás probas de trail dá comunidade, se es corredor de trail tes que ter si ou si no teu curriculum o tomar parte nesta proba.
O ‘Trail dos Foucellas’ de Baio vai celebrar o domingo 11 de decembro. Está organizado pola entidade Tabeirón Deportivo, que vén sendo a sección deportiva da Asociación de Veciños Tabeirón de Baio, que tamén organiza outras probas como o ‘Duatlón das Letras’ ou a ‘BTT Monte Castelo’, e conta coa colaboración do Concello de Zas e da Deputación da Coruña. Desde o momento que se creou este trail, tíñase claro que non debía ser só unha proba deportiva ao uso.
Había que dotala de algo máis, e ese algo máis veu dado, primeiro, polo medio natural no que se desenvolve (o monte Castelo e as fermosas paraxes á beira do río do Porto, como son Pedra Vixía e a Carballeira). E segundo, había que enfocalo tamén coa nosa Historia, coa historia dos fuxidos da posguerra que se agochaban no monte Castelo, e por iso recreamos estes acontecementos con actores que interpretan a perseguidos e a perseguidores. Ao igual que no Duatlón das Letras, no que se combina deporte e literatura, aquí o outro protagonista é a historia.