Xuntanza de 650 palilleiras en Vimianzo

Xuntanza de 650 palilleiras en Vimianzo
Palilleiras na Xuntanza do pasado ano en Vimianzo

A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza a 16ª palillada en Vimianzo este sábado 18 de novembro, coa participación de 650 palilleiras. O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas coa finalidade de promover a nosa artesanía o encaixe.

 

A inauguración será ás 12.00 horas no pabellón do instituto Terra de Soneira. Chegarán palilleiras de lugares como Viveiro, San Ciprián, Burela, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Bueu, Vilanova de Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Cambre, Paderne, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo e Camariñas, ademáis das anfitrionas de Vimianzo.  

 

O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público. Será desde as 10.00 ás 13.30 horas, e pola tarde, de 16.00 a 19.00 horas. Haberá unha comida de confraternidade no restaurante Santos. 

Xuntanza de 650 palilleiras en Vimianzo

Te puede interesar