A Concellería de Cultura do Concello de Muxía organiza unha nova edición da Festa dos Maiores, que se celebrará o vindeiro 25 de maio no polidepotivo municipal. Poderán acudir as personas maiores de 65 anos, que deberán de retirar as súas entradas nas oficinas municipais ata o día 23, presentando o seu DNI.
A celebración empezará ás doce do mediodía cunha misa no santuario da Barca, e acontinuación dirixiranse cara o pabellón, coa música do grupo Xaramiños do Corpiño. Despois da comida contarán coa actuación estelar de José Costas, autor da peza “Como baila Carmiña”. Tamén actuará o trío Bahía. Durante a festa haberá fotomatón para que os asistentes poidan levar un recordo da xornada.
Mañá sábado tamén celebran as súas tradicionais Festas de Maires os concellos de Cabana de Bergantiños e da Laracha, onde participarán centos de veciños para disfrutar dunha xornada de confraternidade.