Despunte celebra su XIII Edición o 29 de febreiro no Museo Centro Gaiás

Despunte abrangue as coleccións dos Traballos Finais de Estudos do alumnado que ven de graduarse e o apartado de Miscelánea amosa ás microcoleccións e proxectos desenvolvidos no 3º curso da titulación
Despunte celebra su XIII Edición o 29 de febreiro no Museo Centro Gaiás

Os novos talentos do deseño amosarán as súas propostas ás 19h do xoves 29 de febreiro na 13ª edición de Despunte. Un ano más, o Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá esta pasarela na que o alumnado da EASDMM exhiben os seus traballos ante o público, pero tamen ante
representantes do sector.


Aos xa tradicionais desfiles Despunte e Miscelánea (nos que os modelos locen os deseños do alumnado do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda), e á escolma dos traballos desenvolvidos dentro do Ciclo Superior de Xoiaría Artística, este ano únese ademais unha pequena exposición cunha selección dos mellores proxectos finais desenvolvidos no resto de especialidades impartidas na EASDMM (Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto, Ciclo Formativo de GraoSuperior en Fotografía, Ciclo Formativo de Grao Superior en Técnicas Escultóricas e o Ciclo Formativo de Grao Superior en Xoiaría Artística).

 


Os mais de 500 asistentes que se agardan poderán ver un total de 157 looks (27 coleccións de Despunte, 18 coleccións de Miscelánea e 24 de Xoiaría Artística). Os que non consigan o convite preciso para asistir poderán seguilo a través da canle de Youtube da Escola: EASD Mestre Mateo.
 


Implicación do tecido empresarial galego


A actriz Diana Nogueira conducirá este evento que conta cun importante apoio do tecido empresarial galego, xa que o obxectivo principal é presentar aos profesionais o alumnado

recén graduado e que así poidan coñecer o seu talento e ideas. Así, por exemplo, Textil Lonia é o principal patrocinador do desfile e na mesma mañá do evento desprazarase ata a Cidade da Cultura unha representación do equipo de RRHH doutras empresas para realizar unha xornada de talent recruitment.

Por outra banda, a implicación do tecido textil galego tamen se concreta na súa doazón de premios e na participación como membros do Xurado, que este ano contará para a pasarela Despunte con Franco Quintáns, deseñador de moda (Dedal de Ouro 2014), un representante de Roberto Verino, Inés Rodríguez, de Rir & Co. Artesanía (Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría de produto), María Piñeiro (de Naf Naf Santiago) ademáis de Claudia Figueira Caamaño, gañadora da última edición Despunte. O Xurado dos Premios aos Mellores Proxectos Finais de Carreira/ Estudos do resto de especialidades estarás, así mesmo, integrado por profesionais de recoñecido prestixio.

Aos habituais galardóns (Mellor Colección na categoría Despunte, Mellor Colección nacategoría Miscelánea e Mellor Colección Fusión Artesanía e Moda) sumase nesta edición un Premio ao Mellor Proxecto Sostible e varios galardóns aos mellores Proxectos Finais das demais especialidades impartidas na EASDMM. Tamén se premiará o mellor Traballo Fin de Estudos que poña en valor a cultura galega. En total, otorgaranse 6.000 euros en premios.
 

 

 
A implicación do alumnado


Toda a Escola Mestre Mateo traballa arreo durante o curso para que o evento volva a ser un éxito un ano mais. Non só os alumnos de Deseño de Moda que porán sobre a pasarela as súas creacións nos apartados de Despunte (coleccións dos Traballos Finais de Estudos do alumnado recentemente graduado) e  iscelánea (microcoleccións e proxectos en xeral desenvolvidos no 3º curso da titulación), senon que o alumnado de cursos inferiores (fundamentalmente 1º e 2º) colabora participando en actividades organizativas. Deste xeito, ao rematar a carreira un alumno ten unha visión global do que supón a organización dun evento coma este, tanto de portas para adentro no backstage, como de portas para fóra desde a pasarela.

Por outra banda, o alumnado do Ciclo Superior de Fotografía que se imparte na propia EASD Mestre Mateo encargarase de cubrir gráficamente o evento.


A interrelación de estudantes de distintos campos é un valor engadido na organización do desfile, xa que permite ó noso alumnado unha visión máis rica e ampla e supón unha experiencia no traballo en equipo inherente a este tipo de actos. Neste senso, tamén colabora co desfile o alumnado do Ciclo Formativo de Imaxe Persoal do Centro Integrado de Formación Profesional Someso, asistindo no peiteado e maquillaxe das/os modelos.

 

 

Despunte celebra su XIII Edición o 29 de febreiro no Museo Centro Gaiás

Te puede interesar