Os candidatos de Fisterra discrepan sobre os terrenos do centro de saúde

Os candidatos de Fisterra discrepan sobre os terrenos do centro de saúde
Os candidatos de Fisterra no debate radiofónico I C. SER

No debate electoral de Fisterra en Radio Nordés-Cadena Ser os catro candidatos á Alcaldía expuseron as súas liñas estratéxicas dos seus programas, aínda que tema central foi o terreno para o centro de saúde, con moitas discrepancias no apartado de benestar. 


O candidato do BNG , Kuka Sar, preguntoulle ao do PP, Luís Insua, se consideraba que a atención sanitaria era boa no concello, culpando á Xunta de esquecerse de Fisterra ao non cubrir a praza de pediatría e manter o centro de saúde cun só médico boa parte do ano.Tanto PP como Alternativa dos Veciños criticaron a parcela escollida para o centro de saúde, Áurea Domínguez preguntou ao alcalde por qué non se aproveitou a modificación do PXOM para habilitar outros terreos que considera máis axeitados para este uso.


No ámbito económico o alcalde culpou á Xunta de non asumir gastos que lle correspondían na pandemia e destacou algunhas das obras feitas nestes anos, logrando aforrar na factura da luz e mellorando o saneamento. O candidato do PP criticou a falta de mantemento das vías nas parroquias e propuso melloras. 
Sar falou da necesidade de defender a pesca, destacando actividades tan importantes como o marisqueo en apnea, en perigo de desaparición. Domínguez propuxo melloras no o sector forestal ou marisqueiro e criticou o estado das rúas. Todos coincidieron en seguir promocionando o turismo, aínda que o PP criticou a falta de promoción desde o Concello. 

Os candidatos de Fisterra discrepan sobre os terrenos do centro de saúde

Te puede interesar