"O galego que deu a razón a Newton". Ese foi o matemático José Rodríguez González, o matemático de Bermés, o matemático de Lalín. O científico do ano para a Real Academia Galega das Ciencias neste 2024, cando se fan tamén 200 anos do seu pasamento.
Co gallo desta efeméride, desde Diariode Bergantiños gustaríanos facer partícipes a todos os mozos e mozas que cursan secundaria e teñen entre 12 e 16 anos, da obra e vida do que é considerado como o primeiro científico moderno da historia de Galicia, poñendo en marcha un concurso de microrrelatos, deseñado baixo a temática “O galego que deu a razón a Newton”.
Para participar, o teu fillo ou filla só ten que rexistrarse na nosa web ou utilizar a conta dalgún dos seus proxenitores, deixando o seu microrrelato de non máis de 100 palabras nesta mesma noticia.
O relato gañador e dous finalistas serán incluídos na versión dixital e impresa do 15 de decembro de 2024.
Os premios serán os seguintes:
De entre todos os relatos recibidos entre o 28 de outubro e o 25 de novembro de 2024, o gañador elixirase mediante un xurado composto por membros de Editorial A Capital e anunciarase o 8 de decembro a través de redes sociais e na edición en liña e impresa.
Valorarase a creatividade e orixinalidade dos textos recibidos. Participacións abertas ata o 25 de novembro de 2024.
José Rodríguez González é coñecido como “o Matemático de Bermés” por ter nacido na parroquia de Santa María de Bermés (Lalín), ou como “Matemático Rodríguez”. É considerado un dos científicos europeos máis brillantes da súa época, con achegas no campo das matemáticas, a xeometría, a astronomía, a astronomía, a xeografía e a mineraloxía.
A súa formación en matemáticas e física foi autodidacta, a través de lecturas dos traballos de científicos como Newton e Euler. Ata tal punto chegaba o seu talento que a Universidade de Santiago enviou un informe sobre el ao rei Carlos IV cualificándoo como un "xenio".
Entre as súas conquistas científicas están situar o quilómetro cero de Galicia en Lalín, participar na expedición internacional que permitiu establecer o metro como unidade de medida ou refrendar de maneira empírica a teoría de Newton de que a terra era achatada nos polos. Ata tal punto chegou a súa fama que mesmo aparece citado nunha novela de Julio Verne: "“Aventuras de tres rusos e de tres ingleses na África austral”.
Consulta as bases aquí e participa nos comentarios desta noticia.