Procesión da Cultura polas rúas de Corcubión

Procesión da Cultura polas rúas de Corcubión
Vista del puerto de Corcubión

Corcubión inicia mañá sábado o programa das Letras Galegas cun obradoiro de Imprenta Creativa dirixido aos nenos a partir de 8 anos e ao público adulto. Estará impartido por Alouette Machine, que tratará de facer xogar cos elementos gráficos e o seu significado, ao mesmo tempo que se irá coñecendo como se facíanos libros antigamente, carteis, postais ou tarxetas. Haberá tipografías de época de madeira, prensas antigas, rodillos, tintas e papeis. 


O material gráfico deste obradoiro servirá para levar á rúa na “Procesión da Cultura: Luisa Villalta”, que terá lugar o vindeiro 18 de maio. Dende o Concello convidan a todos os veciños a saír á rúa ese día e homenaxear a María Luisa Villalta e outras figuras relevantes que foron homenaxeadas nos últimos anos. 


A procesión sairá da Casa da Cultura e, tras varias paradas, finalizará no Campo do Rollo, donde terá lugar a presentación do libro “Luisa Villalta. Alma de Violino” da man das autoras Laura Suárez, Beatriz Maceda e Eli Ríos. A procesión estará musicada polas gaiteiras de Pedras Miúdas, e tamén haberá recitais e baile, con Boca de Sapo e o grupo de baile Xaldón. Os participantes deberán levar roupa con motivos florais. 
O día 17 tamén haberá unah función de teatro, “Wombo Combo”, de Galeatro.

Procesión da Cultura polas rúas de Corcubión

Te puede interesar