APTCM impulsa a Sustentabilidade e a Economía Local na Costa da Morte co proxecto Temporada de Mar

APTCM impulsa a Sustentabilidade e a Economía Local na Costa da  Morte co proxecto Temporada de Mar

Temporada de Mar é un innovador proxecto que promove unha rede de gastronomía de quilómetro cero no territorio do Galp Costa Sostible e promovida pola Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) e co financiamento da Consellería do Mar. Esta iniciativa busca destacar e promover a riqueza natural e cultural da rexión, a través dunha proposta gastronómica que resalta a calidade, frescura e sustentabilidade dos produtos locais. A rede inclúe a participación de empresas complementarias de sectores como a artesanía, o turismo activo, as visitas guiadas culturais e o astroturismo, creando unha oferta integral que atrae tanto aos amantes da boa comida como aos interesados no disfrute da natureza e a cultura local. Os valores de Temporada de Mar alíñanse cos principios de sustentabilidade ambiental e socioeconómica, promovendo o consumo de alimentos locais seguindo a filosofía do slow food, que aposta por alimentos "bos, limpos e xustos". É decir, destaca a importancia dun mercado sostible que fomenta o apoio á produción local e ao consumo responsable, invitando aos turistas e residentes a gozar da nossa riqueza gastronómica mentres se contribúe á súa conservación. En definitiva, esta rede de establecementos garante un produto fresco e de calidade, contribuíndo ao fortalecemento da economía local, á preservación das tradicións e ao coidado do entorno natural.

 

A segunda actividade desta iniciativa tomará lugar hoxe (19.30 horas) na Casa da Cultura de Cee. Consistirá nunha xornada dedicada á economía azul nas zonas pesqueiras, un espazo no que se abordarán as novas oportunidades e retos para a sostibilidad no sector pesqueiro. A xornada será conducida por José Manuel García, comunicador experto en gastronomía que durante anos estivo á fronte do programa "Comer e Falar" na Radio Galega. 

 

Durante o encontro, participantes clave do ámbito local, como cociñeiros, produtores e divulgadores, compartirán as súas experiencias e visións sobre a importancia de manter prácticas sostibles na pesca e apoiar o produto de quilómetro cero. Entre os asistentes destacarán nomes como Sandra Varela Amado, cociñeira do comedor do CEIP Os Muíños e membro de Slow Food Compostela, quen traballa pola promoción dunha cociña que respecta a estacionalidade e a produción local. Tamén participarán Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro e defensor da pesca sostible e “influencer” galego da pesca e do respeto dos recursos pesqueiros; e Diego López Pedreira, experto en ecoturismo na Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", que integra o turismo co coidado do medio ambiente. 

 

A xornada será unha excelente oportunidade para coñecer en profundidade como a economía azul está transformando as comunidades pesqueiras da Costa da Morte, promovendo prácticas que benefician tanto ao sector como ao entorno natural. Temporada de Mar é unha iniciativa que ten como obxectivo transformar a oferta turística da Costa Sostible, creando unha rede de establecementos gastronómicos que poñan en valor os produtos autóctonos das localidades de Canota, Dumbría, Cee, Corcubión e Muxía. A través deste proxecto, buscase impulsar o crecemento económico das comunidades locais, promover a conservación do entorno natural e reforzar a riqueza cultural da rexión. 

APTCM impulsa a Sustentabilidade e a Economía Local na Costa da Morte co proxecto Temporada de Mar

Te puede interesar