Talento galego no Carballo Interplay

Talento galego no Carballo Interplay
Acto de presentación do festival na xornada do xoves I Marema

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay comezou este xoves cunha xornada na que a creación galega dixital e audiovisual foi a principal protagonista. As directoras, Sonia Méndez e Andrea Villa, foron as encargadas de presentar o festival, do que destacaron o cambio de ubicación ao mercado municipal no “corazón da vila”.


No acto tamén participaron o director do Agadic, Jacobo Sutil;  a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; o vicepresidente e concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Carballo, Xosé Regueira; e o alcalde, Evencio Ferrero, que destacaron o papel do festival como dinamizador da industria audiovisual e a vontade de promoción da industria e os talentos dixitais de Galicia. 


Tamén se lembrou a dúas figuras moi vinculadas ao festival que xa non están, Pedro Brandariz e Miguel López, El Hematocrítico. No acto de apertura entregouse o galardón Dinoescolas, un programa dirixido a promover o talento audiovisual entre os estudiantes, antes de comezar coas actividades propias do festival, dedicadas pola mañá á creación de contido en galego en rede. 


En “Petiscos no Derby”, un formato de conversas presentado polo podcast Café Derbi 21 -con Nico Carreira, Adrián Lede e Carme D Prol- participaron o cómico Pablo Meixe, a creadora de contido sobre medio ambiente Bloundiemuser, a creadora en Tik Tok Paula Jorge e a actriz Lidia Veiga, que forma parte do podcast Exército Mekemeke. Durante a conversa, á que asistiu público público de institutos e universidade, falaron das experiencias destes creadores de contido na rede e a súa relación coa audiencia, o público ou sobre ter as redes sociais como como traballo. O festival continuou con “Videoregueifa”, un formato habitual no Interplay que protagonizaron as creadoras de contido Sara Seco e Malva.

 

Zona Pro


Pola tarde, o podcast “Exército Mekemeke”, finalista aos Premios Ondas a Mellor Podcast en lingua cooficial, realizou o seu primeiro programa en directo con público, que tamén se emitía por streaming, igual que o resto de actividades. 


A xornada de tarde destinouse ás webseries, uno dos piares do festival. O equipo de “A moza que aburtou e o contou” estreou o seu traballo, froito do premio a mellor produción de contido dixital en galego que conseguía o pasado ano. A obra dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga conta a historia dunha moza que decide contar nun evento familiar a historia do seu aborto, despertando contradiccións e debate entre a familia. Tamén se realizou o pitching para optar ao premio a Mellor Produción de contido dixital en galego, cunn premio de 3.000 euros para facer realidade o proxeto.


O festival dedicará parte da xornada de hoxe á Zona Pro, un espazo de reflexión e xuntanza no que voces relevantes do mundo dixital e audiovisual conversarán sobre temas actuais  e tendencias nestes eidos. 
Falarase do éxito da rexouba e a nostalxia na rede cos xornalistas Juan Sanguino, Raquel Piñeiro e Anzo F. Couceiro, do estado dos podcast e web series co investigador e director de Estación Podcast Nacho Gallego e co cineasta Joël Bassaget. O lanzamento de OTT nas televisións autonómicas CRTVG e EITB, de Euskadi, será outro dos temas. 


Pola tarde os asistentes tamén poden participar nun obradoiro de creación dixital da man de Pol Mallafré, de Mockudrames. Os interesados en asistir poden inscribirse de balde no formulario dispoñible na páxina web do festival.
 

Talento galego no Carballo Interplay

Te puede interesar