A músicas das Letras continúa soando coa Xuntanza de Acordeóns de Verdillo e o Curruncho Pop

A músicas das Letras continúa soando coa Xuntanza de Acordeóns de Verdillo e o Curruncho Pop
Participantes na visita guiada este xoves no Pazo da Cultura I Marema

A músicas das Letras Galegas continúa soando a fin de semana en Carballo, con dúas novas citas musicais. A Asociación Cultural Arume de Verdillo celebra a II Xuntanza de Acordeóns mañá  no centro social, a partir das 17.00 horas. As aulas de acordeón, impartidas por Fran Barcia, son un piar esencial dentro da asociación, cun elevado número de alumnos que aumenta cada curso, de aí a importancia do evento.


Nesta xuntanza contarán coa presenza dos acordeonistas de A. C. Brisas do Quenllo, de Tordoia; A.C. Adro de Baio (Zas); Escola de Música Municipal de Oleiros e A. C. Pena Maior de Marrozos, ademais dos da propia agrupación Arume de Verdillo. 

 

Visita guiada no Pazo


Máis tarde, ás 19.30 horas, volve o Curruncho Pop a Rego da Balsa co concerto de Os Chiltons e a presentación do libro de Álex Chilton e Antonio J. Moreno.  
Por outra banda, tamén dentro da programación das Letras Galegas do Concello de Carballo onte houbo unha visita guiada á exposición do XXVI Certame Fotográfico X. M. Eirís, a cargo do fotógrafo e profesor Ángel Cordero. A mostra poderá visitarse ata o 14 de xuño. E mañán tamén empezan as representacións de teatro afeccionado no Pazo da Cultura. 

A músicas das Letras continúa soando coa Xuntanza de Acordeóns de Verdillo e o Curruncho Pop

Te puede interesar