Carballo chega á recta final do Interplay

Carballo chega á recta final do Interplay
O público deste sábado no Mercado Municipal / Raúl López

O Carballo Interplay seguiu na súa xornada deste sábado na liña de actuar como altofalante das novas tendencias e formatos na rede. No Mercado de Carballo falouse da “nova internet” co activismo e a política como temas centrais con algunhas das voces máis recoñecidas do panorama estatal dixital.
 

O festival de contidos dixitais  despide este domingo a súa undécima edición, marcada pola presenza de grandes voces do internet actual a nivel estatal, a nova xeración de creadores e creadoras dixitais galegos que pasaron polo evento e unha selección oficial de webseries internacional que sorprendeu aos espectadores, tamén con gran presenza de títulos galegos.


Dúas amigas do festival, a cómica galega Carolina Iglesias e Laura Márquez presentan ás 11.30 horas no Mercado Municipal un espectáculo inédito, mostrando o “Código Fonte Audiovisual”, unha sección do CIP que convida en cada edición a creadoras dixitais a explicar cales son os seus referentes e inspiracións de internet. O show será con entrada de balde.


A continuación o dúo cómico Izquierdo Sisters, formado por Lucía Veiga e Marita Martínez, presentará a entrega de premios, ás 12.30. Depois das proxeccións de webseries, a presentación de novos proxectos e a novidade de coñecer o talento dixital galego, o xurado entregará os premios do festival, que suman en dotación económica 6.000 euros, divididos nas categorías: Mellor Contigo Dixital en Galego, Mellor Produción de Contido Audiovisual en Galego e na Competición Oficial de Series. O obxectivo é fomentar a creación e premiar o talento no eido dixital. 


A festa rematará en aXamonería, cunha sesión vermú da man de Salicrunette, ás 13:30 horas. 

Carballo chega á recta final do Interplay

Te puede interesar