Guadi Galego estará na Carballeira de Zas

Guadi Galego estará na Carballeira de Zas
Unha das actuacións o ano pasado na Festa da Carballeira de Zas

A artista Guadi Galego é a primera actuación confirmada para a Festa da Carballeira de Zas, que se celebrará os días 9 e 10 de agosto nesta localidade. Ademais, dende a organización xa abriron o prazo para a venda de entradas cunha oferta especial para os cen primeiros bonos para os dous días, que terán un prezo de 15 euros.

 
Guadi Galego foi, precisamente, a artista gañadora nos Premios Martín Códax que se entregaron o pasado mércores en Pontevedra, na categoría de canción de autor. Ademais, neste apartado competía con outra artista de raíces zasenses, Antía Muíño. 


E no apartado de música folk  resultou gañador o dúo Caamaño e Ameixeiras, que xa obtiveran o mesmo premio hai tres anos. Unha das integrantes, Antía Ameixeiras, tamén ten raíces en Baio-Zas e Laxe. 

Zas
Guadi Galego estará na Carballeira de Zas

Te puede interesar