Corte da carretera de Vimianzo polas obras do firme na estrada AC-552

Corte da carretera de Vimianzo polas obras do firme na estrada AC-552
Obras na AC-552

 As obras de acondicionamento do firme na estrada autonómica AC-552 farán necesario o corte do tráfico entre as 22.00 horas deste vindeiro domingo, día 22, e ata as 8.00 do luns, día 23, na intersección desta vía coa estrada AC-432, no concello de Vimianzo.

 

Así, nestes días estase a actuar na mellora do firme na estrada AC-552, estando previsto continuar os traballos na noite desde domingo, co obxectivo de minimizar a afección no tráfico. Debido á intensidade de tráfico existente na intersección desta vía e a AC-432 (no punto quilométrico 66+900 da AC-552), as obras de rehabilitación do firme neste tramo levaranse a cabo na noite do 22 ao 23 de setembro, reducindo así a afección aos usuarios desta vía autonómica.

 

Trátase de seguir avanzando nas obras que está a desenvolver a Xunta baixo un contrato máis amplo, nun total de 7 estradas autonómicas, nas que se inclúen a AC-552 e a AC-432 ao seu paso por este concello e outros 9 máis da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M€.

 

En concreto, baixo este contrato está a acondicionarse o firme en varios treitos das estradas AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos municipios da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes.
 

Corte da carretera de Vimianzo polas obras do firme na estrada AC-552

Te puede interesar