O cámping Lago-Mar na fermosa praia do Lago de Muxía reabriu as súas portas o 12 de abril, e este Xoves Santo promove unha andaina polo Camiño dos Faros, en colaboración coa asociación deste nome. Ás 10.00 comeza a camiñata na Ponte do Porto con charla en formato podcast do escritor local Rafael Lema, quen tamén estará presente xunto a membros do Camiño dos Faros nunha ponencia ao remate da cita, as 15,00 horas.
A cooperativa xuvenil Horta Creativa, encargada da xestión de Lago-Mar, pretenden un “espazo cultural vibrante nunha localización privilexiada para explorar, disfrutar e relaxarse”. A iniciativa deste xoves santo á par do Camiño dos Faros recorre ademais un tramo xacobeo da Vía Céltica engarzando en Merexo co camiño posxacobeo a Muxía, con Cereixo como referente. Destes valores falará o creador porteño, autor de libros onde destaca este tramo da ría como “Camiño dos faros”, “El camino secreto de Santiago” o “Vía pagana a Compostela”. Unha xornada con arte, literatura, lendas, historia e natureza.
Ás 09:30 é a quedada na Praza de San Roque (Ponte do Porto). A saída é ás 10:00 desde Ponte do Porto, segue as 10:15 no Mirador de Cereixo (Charla interpretativa Ponte do Porto e Cereixo por Rafael Lema). Prosigue as 11:00 en Cereixo (Muiño de Mareas, Igrexa de Santiago, Torres de Cereixo e Carballo de Cereixo), 11:15 Cruce dereita Furna do Sapo, 11:30 Furna do Sapo, 11:45 Praia de Area Grande, 12:30 Praia de Leis, 12:45 Faro da Praia do Lago, 13:00 Praia do Lago e Final de Etapa Camping-Lago Mar as 13:15. Retorno dos pilotos de volta ao coche. Charla da Asociación O Camiño dos Faros con tres ponentes e as 15:00 e finaliza con paella cortesía no Camping Lago-Mar.