Cando se cumplen 25 anos da súa reconocida traxectoria artística, Héctor Francesch (A Coruña, 1977) trae á sede de Afundación a mostra “Cadros que nunca pintei”, comisariada por Matilde Rodríguez, na que, por medio de formas sintéticas de exultante cromatismo e de configuración plana xeometrizada, devólvenos un universo gozoso que ten por protagonistas a obxectos de uso cotián e a homínidos que gardan unha grande semellanza configurativa con eles. Deste xeito, a idea de trascendencia do espíritu humano queda aparcada ou aparece simplemente como un xogo no que poden participar “Os incompatibles”, como reza o título dunha escultura feita de aceiro policromado. Esto fala tamén desa capacidade que ten o creador para equiparar e reunir realidades dispares. Cadros, como os catro que titula “Os pintores”, fan que as extremidades dos persoaxes sexan líñas semellantes ás do pincel que erguen na man. En “Vida de artista” vais máis alá e o pintor aparece como alguén que fai delicados equilibrios suspendido no alto dunha morea de obxectos, o que fala metafóricamente das dificultades do oficio. Tamén está presente unha visión irónica da condición humana, que tanto ten que ver coa retranca galega, e que atopa unha representación singular na obra “A iluminati”, na que perfila un escenario teatral no que se ergue unha figura sostendo unha flameante chama na man dereita. De configuración semellante é “O bodegueiro tropical”, onde unha especie de pequeno Pinocho de longa nariz aparece subido a unha banqueta, como en actitude de medirse coa realidade que o supera. Héctor Francesch busca transmitir a idea dun mundo amable e gozoso, con escenarios propicios no que son posibles toda clase de xogos e combinacións, e os protagonistas poden compararse con nenos asombrados que se funden ou confunden cos obxectos e co universo que os rodea. Deste xeito, alónxase dos supostos grandes temas, para erguer á categoría de “grandes” as cousas e as situacións nas que andamos metidos a diario e que él converte en protagonistas dun mundo máxico de maravillosas e exultantes policromías. Cunha imaxinación portentosa e libre, crea o seu propio universo e transfigura a realidade para que entoe acordes gozosos e se enchan de alegría os ollos dos contempladores. Como todo creador que se precie. a súa inspiración maniféstase a través dunha linguaxe plástica persoal e intransferible e que nace dunha fecunda imaxinación, capaz de adubiar o real con cores e formas irrepetibles. No ano 2011 unha mostra súa, na galería Moretart, levaba por título “A veces veo ESTO”. E ese seu ver nace dun enfrontamento coas apariencias que se impoñen coas súas formas rotundas, pero que, ao mesmo tempo incitan a ir máis alá, a buscar os sentidos ocultos. A súa creación propón unha viaxe ao interior e indúcenos a participar nese seu ver tan persoal, tan vivo, tan cheo de seducións e de chiscos do inaprensible que acada, nas 62 obras expostas, unha configuración luminosa e espléndida.