Un galeguismo universal, constructivo e conciliador

Unha decidida vocación atlántica e europea, define en esencia o posicionamento de Galicia nos tempos das mais vertixinosas e trepidantes tranformacións. A xeografía é determinante, o son a orografía, o clima, o mar e a terra, e moi no fundamental o idioma e a cultura, esta xerminou o longo dos tempos e dotou o pobo galego, primeiro no illamento despois na expansión exterior, dunha peculiar maneira de ser e de estar, de entender e de resolver,de relacionarse e de interpreta-lo mundo, de imaxinar e de adaptarse.


Somos peculiares, temos un sentido da universalidade que posiblemente só se repite nos pobos conquistadores, nas civilizacións con amplitude de miras, nas xentes que non se arredraron a  hora de asentarse en lugares distintos os do seu nacemento, de trasladar os seus coñecementos e capacidades, e que tamén souperon ser permeables a cantos se achegaron a coñecer, no caso de Galicia, un dos territorios máis máxicos e inquietantes, onde o pasado e o presente conviven e alertan das vangardas futuras. Nada é casual.


O fin do mundo dos romanos, a meta dos pasos peregrinos xacobeos, a Terra Nai de millóns de emigrantes tense demostrado como un lugar propicio e sensible, atento ás correntes dos tempos e disposto a aportar a súas peculiaridades creativas a actualidade máis exixente. Temolo demostrado en algo que agora se considera tan moderno como o feminismo: Egeria, María Pita, Isabel Zendal, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Maruja Mallo, Sofía Casanova e mesmo a Bella Otero, foron precursoras audaces, recoñecidas e admiradas en tempos eminentemente machistas; nas letras, onde a algunhas das citadas persoeiras, hai que engadir a Ramón María del Valle Inclán, Alfonso Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Camilo José Cela, Gonzalo Torrente Ballester, Castroviejo, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blancoamor, Alfredo Conde, Víctore Freixanes, Manuel Rivas, Domingo Villar, Olga Novo, María Xosé Porteiro, Ledicia Costas, Alberto Avendaño...


As nóminas son apabullantes, e poderíamos acudir a ciencia - para empezar por citar a Anxo Carracedo-; a mediciña; as belas artes: a plástica, a música, a interpretación; a ensinanza, o diseño e a moda, o turismo, e mesmo a tecnoloxía, a enerxía, a agrolimentación, a restauración, a política, o deporte, o xornalismo, a construcción, a empresa en xeral... Un tras outro, xurden oss Amancio, Marta e Sandra Ortega, os Vázquez Raña, os Ribera, os Tojeiro, os López Seijas, os Domínguez, os Regojo, os Rivas. os Solla, os Ónega, os Costiña, os Seivane, os Pernas, os Jove, os Collazo, os Beiras, os Besteiro, os Fonseca Moretón, os Corral, os Freire... nunha sucesión interminable, no fundamental, de sagas familiares, característica ben galega, pero tamén de individualidades. Destacan no mundo dos negocios, das grandes empresas e das pymes, polos seus éxitos consolidados, en nos outros ámbetos sociis e económicos. Unha característica os une: o vínculo ca Terra Nai e Señora, que cantara Ramón Cabanillas, a súa implicación, o seu galeguismo emocional e efectivo, concepto moi superior os respetables pensamentos ideolóxicos ou os estériles localismos e personalismos.


Nada semella alleo a Galicia. Nada lle resulta inalcanzable a un pobo de vocación universal, afeito crecerse ante os retos, por difíciles que resulten. O Terceiro Milenio ten un notable matiz galego. O Finisterre rexurdiu dos seus propios tópicos para ofrecer un marco de realidades plenamente inmersas nas vangardas mundiais. Como non, están a choiva e a pedra, permanecen o granito e os mil ríos, as rías e as néboas, o verde e os bosques inabarcables... Todo o que definiu a mellor das galicias mantense inalterable, disposto a acubillar baixo o seu manto de morriñosa saudade á nova sociedade do 2024.


Portar valor e poñelo dentro de Galicia; sumar a favor do común, do noso; enaltecer o que nos resulta propio, definititorio; enriquer todo con predisposición constructiva e conciliadora. Enfin, asimilar o cercano, o que se palpa cos sentimentos e as emocións espontáneas, o que nos atopa e define como unha cultura singular, diferente, non excluínte, enriquecedora e optar polo mais intelixente dos posicionamentos ante o global.


Algo haberá que cambiar: os tópicos, si, pero tamén as actitudes. Algo haberá que recoñecer, a necesidade de cultivarnos, de deixar de crecer no espontáneo, sin despreciarlo, pero actuando cunha estratexia distinta á da mala herba. Hai que aspirar ao ceo coa actitude dos carballos, apuntado as nubes e á perdurabilidad de maneira segura, forte. Haberá que imitar a resitencia dos piñeiros, a fermosura dos camelios, o rumor dos ríos, a dozura das rías, a fortaleza dos mares, a persistencia da choiva, o cantar dos paxaros, e saber releer os nosos pensadores. Pero, sobre todo, hai que convencerse de que a desconfianza, o orgullo e a envexa deben desvanecerse como as néboas, excluírse nunha actitude nova, en vanguardia, cosntructiva, cosmopolita. Coñecemos as debilidades e tamén como afrontalas. Somos galegos.


En Galicia houbo e haberá sempre lugar para repensar a vida, para entendela tal e como a vida é, como aparenta ser e como resulta ser cando non a comprendemos, que para iso está a imaxinación. A fantasía é tan galega como o amodiño. E, a pesar de tantas inxerencias, de tantas modas estrañas e bárbaras, iso sálvanos do sometemento.


Nun mundo certamente desordeado, Galicia atopou o seu sitio e demostrou saber estar onde lle corresponde. Xeograficamente é Finisterre de España e Norte de Portugal, politicamente é sabese parte do Estado español; culturalmente é o final do Camiño de Santiago, roteiro de encontro e coñecemento entre os pobos de Europa; humanamente é a suma de sangues, de todas as xenéticas, de todos os pobos, de todos os saberes.


En Galicia é lexendaria a paixón dos seres humáns pola terra, nai nutricia, e polo mar e os ríos, pais respectados. Existe unha sorte de namoramento profundo e solidario, inscrito nos xenes de cada galego. O resultado é unha relación apaixonada co país, marcada por amores e desencontros, por crenzas e esforzos, por inexplicables despropósitos e por xenerosidades ilimitadas. Nada distinto aos complexos de Helena e de Edipo. O vínculo é fraternal, indestructible. 

Un galeguismo universal, constructivo e conciliador

Te puede interesar