O escritor malpicán Héctor Pose presenta en Muxía “A urna das cartas”

O escritor malpicán Héctor Pose presenta en Muxía “A urna das cartas”
Héctor Pose

O escritor Héctor Pose (Malpica, 1964) estará este vernes no Parador de Muxía (20.00 horas) para a presentación do seu libro titulado “A urna das cartas”. Durante o evento, estará acompañado polo director do Parador, Julio César Castro Marcote. Ademais no evento estará tamén presente a libraría Arroutada de Muxía coa venta de exemplares para todo aquel que queira levarse a novela dedicada.


 A novela narra a vida de Fran, que regresa de adulto á vila de onde o desterraron de cativo. Vén a se desfacer da casa patrucial, chea de tristes recordos. Decorado de cartón pedra, reserva do eco, a vila semella estar sumida nun letargo perenne.Don Tino —un carteiro e mestre represaliado polo franquismo— fixera feliz por un tempo aquel neno, mais xa todo fica no pretérito. 

O escritor malpicán Héctor Pose presenta en Muxía “A urna das cartas”

Te puede interesar