A Laracha continúa celebrando as Letras Galegas e este domingo quixo facelo cun festival de música e baile tradicional coas agrupacións locais. As asociacións culturais Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión foron as encargadas de facer disfrutar ao público con música e danza na praza Les Sables d´Olonne. Pequenos a adultos renderon así a súa particular homenaxe a poetisa e violinista Luísa Villalta.
A música tamén foi protagonista a noite do sábado co concerto do grupo De Vacas nese mesmo escenario. Alí ofreceron o seu novo espectáculo titulado “Rebovina Divas Live”, no que homenaxean ás divas do pop co seu peculiar estilo, versionando á galega temas comerciais de Whitney Houston, Céline Dion ou mesmo Enrique Iglesias, entre outros, moi aplaudidos polo público.
A programación cultural continúa este luns co contacontos “De Castro a Villalta”, de A Xanela do Maxín, ás 18.00 horas na Casa da Cultura da Laracha.