Sesión sobre primeiros auxilios en MercaEscola

Sesión sobre primeiros auxilios en MercaEscola
Sesión de MercaEscola este luns I Mar Casal

A nova edición de MercaEscola, o programa formativo e informativo para persoas adultas comezou este luns en Carballo cunha sesión sobre primeiros auxilios, coa colaboración do alumnado do curso de atención a persoas dependentes en institucións sociais. O programa, que promove a Concellería de Feiras e Mercados, continuará ata o vindeiro 26 de maio. 


A seguinte sesión será o 17 de marzo co servicio municipal de control de pragas. Os técnicos falarán sobre as diferentes iniciativas que se levan a cabo no concello para controlar as pragas, desde a vespa velutina ata traballos de desratización ou desinfeccións. 


O 24 de marzo haberá un obradoiro sobre sexualidade onde a educadora social e sexóloga Cintia González abordará os mitos, prexuízos, hábitos de coidado e saúde sexual.


En total son una ducia de actividades repartidas en tres bloques principais, consumo, saúde e medio ambiente. Este ano incorpórase como novidade o “café con”, no que se contará  coa profesora da Universidade de A Coruña e investigadora Verónica Bolón, experta en Intelixencia Artificial. 
Todas as prazas dispoñibles foron cubertas ás poucas horas de que se abrise o prazo para anotarse, o que indica a boa acollida que ten este programa municipal

Sesión sobre primeiros auxilios en MercaEscola

Te puede interesar