A lectura sempre foi unha paixón para a carballesa Eva Cameán. Ao ter unha libraría, ler é parte do seu traballo para poder facer recomendacións e saber o que vende, aínda que, Eva, segue disfrutando da lectura igual ou máis incluso que antes de adicarse ao sector do libro.
As redes sociais da libraría sempre estiveron presentes dende que abrimos como “Punto e Coma” en setembro do 2017. As xestionaba eu nese momento. Posteriormente quedei eu soa coa libraría no 2021, pasando a chamarse Clarión Libraría, pero non foi até febreiro do 2024 que empezamos a darlle máis ‘caña’ a diario.
Máis que como hobby, xurdiu como necesidade de intentar visibilizar máis o negocio, xa que as redes son un gran escaparate. Antes xa as utilizabamos pero sobre todo a través de fotos ou vídeos nos que só ensinabamos produtos; é dicir, sen mostrar a cara, pero ao comezar a facer vídeos máis directos e ‘humanos’ falando directamente a cámara, comezou a irnos mellor en redes.
En redes nunca sabes o que vai funcionar ben, a veces traballas moito nun vídeo, na edición, etc., e veo menos xente, e un vídeo que gravaches por casualidade viralízase. Tampouco funciona igual o mesmo vídeo en diferentes plataformas. Ultimamente coa que mellor conecto coa xente e onde máis feedback hai é Facebook.
En canto aos contidos, intento subir contidos diferentes: ‘unboxings’ de mercadoría, listaxes de máis vendidos, recomendacións persoais, novidades, etc. O que máis soe gustar e o que eu máis noto que a xente valora e agradece son as recomendacións; é dicir, libros que pasan primeiro o teu filtro máis que os que ensinas sen saber de que van só por que son novidades.
A estratexia é simple: esforzarme todos os días en pensar novas ideas, gravalas e editalas, non plaxiar, e sobre todo ser constante subindo vídeos todos os días. Non hai máis.
O máis difícil para min é saber todos os días o que vou subir, chega un momento no que se che acaban as ideas e dáche a sensación de que estas a falar todos os días do mesmo e que estás sendo cansiña e repetitiva, pero despois ves que a xente segue interactuando cos vídeos, preguntando cousas, e anímaste de novo.
Como vos dicía, o que noto nas plataformas é que subindo o mesmo vídeo nalgunhas funcionan sempre ben e noutras peor. Para min, Instagram é o máis ‘frío’. A xente ve as cousas pero non interacciona tanto. En TikTok hai moito ‘hater’, pero soen verte máis ou é máis sinxelo que se che viralice un vídeo, e Facebook é como máis tranquilo e seguro, a xente ten máis paciencia para ver vídeos largos, e temos unha comunidade moi bonita.
Hai xente que está todos os días aí e que non coñeces fisicamente, pero que sempre apoian os vídeos ou as iniciativas online como o clube de lectura que temos por Whatsapp, no que xa somos máis de 230 persoas.
Escríbenche a diario para agradecerche as recomendacións ou para contarche cousas persoais de como se motivan cos vídeos para ler. Unha das cousas máis bonitas que me din todas as semanas e que máis me emociona é xente que está comezando a ler en galego grazas aos vídeos.
O crecemento deste último ano foi brutal. Aumentamos moitísimo as vendas online pola nosa web, pero tamén en tenda. Sigo sen acostumarme a que a xente entre pola porta cunha captura de pantalla feita e me ensine o meu ‘careto’ no seu móbil para dicirme: “Quero este libro do que falaches neste vídeo”. Tamén veñen todas as semanas persoas a propósito a visitarnos, dende diferentes puntos da Península, cousa que me deixa alucinada e que de verdade que a veces é abrumante.
Creo que as redes sociais, por desgraza, teñen moitísima capacidade para influenciarnos e, moitas veces, de crearnos necesidades que non tiñamos en canto a productos. Alégrame ver como desta volta se transforma en algo positivo como é o amor polos libros. A xente en xeral está collendo como moda ler, en dixital, de segunda man, da biblio, da libraría... todos os xeitos son bos, e bendita moda!
Pois non teño concretamente nada especial pensado máis que seguir esforzándome por buscar novas ideas e contidos que poidan ser interesantes para as nosas clientas e clientes, e sobre todo, seguir con esta constancia de subir un vídeo mínimo ao día como levamos facendo máis de 365 días xa.
Ai Dios mío, esto téñoo clarísimo, tan claro que me emociono só de pensalo. Por apuntar moi alto, encantaríame poder chegar a facer un tik tok con Rosa Montero. É a persoa que máis admiro no mundo, e tiven a gran sorte de poder intercambiar con ela algunha conversa e de coñecela en persoa hai unhas semanas. Foi tan intenso e tan emocionante que se creou un fenómeno "fan" na nosa comunidade de whatsapp , e máis de 80 persoas ‘esixiron’ que si ou si tiñamos que meter a maiores unha lectura de Rosa Montero no clube online, e nesas estamos, lendo todos xuntos ‘El corazón del tártaro’ a maiores das lecturas que xa había programadas. Sería unha fantasía chegar a facer un TikTok con ela, aínda que non sei se sería quen de facelo sen estar chorando todo o vídeo.
Pois o soño é que se siga mantendo así de bonita a comunidade que estamos creando, ou incluso que siga medrando, por que non?