Constituída a comisión de festas do San Xoán carballés, que será do 19 ao 30 de xuño

Constituída a comisión de  festas do San Xoán carballés,  que será do 19 ao 30 de xuño
Comisión de festas do San Xoán / Cedida

Carballo xa ten comisión de festas. Este luns, co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, quedou oficialmente constituída a comisión organizadora do San Xoán 2024, na que están integrados o Concello de Carballo e a Asociación Cultural San Xoán. En representación desta última forman parte da comisión Sergio Varela Fuentes, presidente; Gustavo Lorenzo Pena, secretario; José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Paco-ret Rey e Roberto Rancaño Lagoa, como vogais, e Asun Vázquez Bértoa, Alejandro Nogueira Carral, Mónica Gerpe Galindo, Iván Blanco Martínez, e Óscar Álvarez Pose, como colaboradores.


O Concello de Carballo, pola súa banda, está representado por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura e Festas, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura.


As festas de San Xoán celebraranse do 19 ao 30 de xuño, cunha chea de actividades que se darán a coñecer nos vindeiros días, incluída apresentación do cartel. 

Constituída a comisión de festas do San Xoán carballés, que será do 19 ao 30 de xuño

Te puede interesar