Regresa o Rexenera Fest, o festival internacional de arte pública de Carballo que este ano conta coa participación de seis artistas: Alegría del Prado, Maz, Elena González, Alberto Montes, Susana Blasco e Iota. Cinco deles encherán de cor o barrio da Lagoa, que sumarán ao museo ao aire libre de Carballo as súas creacións nas Túnel, Carpinteiros e Oriente. Outro actuará no IES Parga Pondal, que tamén será escenario dun taller de muralismo para un grupo de estudantes do centro. O festival comeza hoxe mesmo e prolongarase ata o día 11 de xuño.
Ademais do taller de muralismo para estudantes que se desenvolverá no IES Parga Pondal, o Rexenera Fest inclúe outras actividades paralelas, como xogos de pistas para familias, previa anotación de balde en rutas@rexenerafest.gal ou no teléfono 981 702 077. Tamén haberá unha ruta guiada polos murais o 11 de xuño ás 12.00 horas, previa inscripción e con saída no Museo de Bergantiños. O festival inclúe un concerto de Dios Ke Te Crew e Familia Caamagno o día 9. l