O Carballo Interplay pecha a súa décima edición con shows, premios e festa de aniversario

O Carballo Interplay pecha a súa décima edición con shows, premios e festa de aniversario
No primeiro panel déronse as claves do éxito do podcast | MAREMA

O festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay pecha este sábado a súa décima edición cunha intensa xornada que incluirá show, premios, podcast e a gran festa de aniversario. O programa do último día do festival arrincará ás 11.30 horas con un punto moi activista e reivindicativo, a charla “Amiga, yo te cuento”, onde Culomala/Excómplice, Estela Ortiz e Proyecto Una falarán das dificultades de habitar internet, manter un pensamento crítico e facer divulgación dende o feminismo


Pola tarde, despois dunha comida especial de aniversario amenizada pola sesión vermú de Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound, toca asistir ao último bloque de webseries da Sección Oficial, “Movidas despois dos 30”, no que se proxectarán series coma “A arte de ser mal pai”, “Abracadavers”, “Fake live”, “It’s Fine”, “I’m Fine”, “Lost in Moldova” e “Terapia de”

 

Festival carballo interplay 2
O Encontro Networking celebrado este venres no Pazo da Cultura | MAREMA


Ás 19 horas unha das últimas actividades do festival é a máis nostálxica de todas. Trátase do “Código Fonte Audiovisual” que protagonizan os dous padriños do festival, Teresa Segura e David Sainz. É un formato híbrido entre conferencia e proxección no que se invita a alguén a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais que marcaron a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. 


A partir das 21 horas xa comeza a celebración de forma oficial ca entrega de premios “Calquera tempo pasado foi anterior”, protagonizada por Xulio Abonjo, tamén gran amigo do festival, e Sandra Lesta, unha das fundadoras. Pola noite, para que non remate a festa, os amigos de Burnin’ Percebes organizarán “O fantástico bingo”, no que a xente poderá atopar boa música, premios e moita diversión. 

O Carballo Interplay pecha a súa décima edición con shows, premios e festa de aniversario

Te puede interesar