O BNG reivindica a lingua de Castelao

O BNG reivindica a lingua de Castelao
Acto do BNG nas Escolas do Xardín de Carballo

O BNG celebrou onte un acto público nas Escolas do Xardín Agra de Caldas de Carballo, que serviu para reivindicar a figura de Castelao e a súa lingua. Pilar García Negro, firme defensora e herdeira do legado de Castelao, repasou a vida do ilustre galego e tamén se referiu á situación actual que atravesa a lingua. 

 

Maruxa Suárez, vicerresponsable comarcal do Bloque, tamén destacou a importancia deste “nacionalista exemplar” e alertou sobre a delicada situación que sufre o idioma pola perda de falantes, animando á súa defensa, xa que, segundo dixo, “non queremos ser testemuñas da súa desaparición”.  
 

O BNG reivindica a lingua de Castelao

Te puede interesar