A Xunta premia o CEIP Milladoiro por un podcast adicado a Luísa Villalta

A Xunta premia o CEIP Milladoiro por un podcast adicado a Luísa Villalta
A directora xeral de Educación visita uno dos centros premiados

A Xunta de Galicia acaba de recoñecer o traballo de seis centros educativos cos premios do VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que cada ano homenaxea ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, neste caso en Luísa Villalta. Entre os centros premiados atópase o CEIP Milladoiro de Malpica, na modalidade de Educación Infantil, polo traballo titulado “Xogando cos violinos”.


A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou onte o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal (Pontevedra), que obtén dous premios, e felicitou a todos os gañadores. Os proxectos galardoados abordan aspectos biográficos e bibliográficos da autora homenaxeada, como o estímulo da lectura da poesía, a relación da literatura e a música ou as mulleres nas Letras Galegas e na literatura galega, entre outros.


Cada centro recibe un premio de 1.250 euros, un 25% máis que o ano anterior, que deberán destinar á radio escolar e actividades relacionadas con esta. 

A Xunta premia o CEIP Milladoiro por un podcast adicado a Luísa Villalta

Te puede interesar