A Real Academia Galega (RAG) comezou este luns a promoción do uso do galego entre o público infantil coa presentación da obra “As Ferreñas”, unha nova edición da Primavera das Letras, que ten como obxectivo este fin. A iniciativa levouse a cabo no colexio Celso Emilio Ferreiro de A Silva, en Cerceda, sendo o primeiro acto da celebración do Día das Letras Galegas.
Os escolares participaron no estreno de “As Ferreñas”, un texto teatral, pero que tamén é radio, poesía “e outras moitas cousas”, tal como indicou a sús autora, Paula Carballeira. Este 17 de maio réndese homenaxe ás cantareiras da Costa da Morte, entre as que se atopan Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda; a pandereteira de Muxía Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Malpica), Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, destacou que se trata de recoñecer “as voces de tantas mulleres que ao longo dos séculos foron as principais creadoras e transmisoras das cantigas e do idioma”.
A Primavera das Letras busca ser “un puente máxico, feiticeiro, que conecta a RAG coas nenas e nenos dos colexios de infantil ye de primaria de toda Galicia”, indicou a académica Fina Casalderrey, impulsora da iniciativa.
O colexio Celso Emilio Ferreiro tamén acaba de ser premiado nun concurso das Letras Galegas convocado polas Consellerías de Cultura e de Educación, cun traballo arredor da figura das cantareiras.
Por outra banda, xa se poden adquirir nas librerías os cinco títulos que a editorial Xerais publica este ano para homenaxear ás cantareiras. Un deles é a obra co mesmo título “Cantareiras”, do malpicán Xosé Manuel Varela e a súa filla Icía, centrado no papel das pandeireteiras.
“Canta, miña compañeira” de María Lado; “Sei cantar e bailar”, de Eva Mejuto; “Somos pandeireteiras”, coordinado por Mercedes Peón; e “Maxicamente vella, eternamente nova”, de Carlos Callón, son os outros títulos.