A Costa da Morte ten a tasa máis alta de galegofalantes de toda a comunidade

A Costa da Morte ten a tasa máis alta de galegofalantes de toda a comunidade

A Costa da Morte ten a tasa máis alta de galegofalantes de toda a comunidade, cun 84,9% fronte a tan só un 15,1% de falantes en castelán. Aínda así, non se salva da redución de falantes nos últimos anos, perdendo 10.740 entre 2018 e 2023, o que supón un 7,5 por cento menos. Así o reflexa a enquisa sobre o uso e coñecemento do galego que vén de publicar o Instituto Galego de Estatística (IGE), a partir de case dez mil enquisas.


A Costa da Morte conta con 106.890 veciños que habitualmente falan en galego ou que o fan máis ca en castelán. Representan ao 84,9% da poboación total, unha porcentaxe que baixa con respecto ao 92,4% de 2018, pero que a sitúa como a área de Galicia con máis xente falando a lingua autóctona, seguida de preto por A Coruña suroriental (83%), Lugo oriental (81,5%) e Ourense sur (80,84%).  Pola contra, onde menos galego se fala é en Vigo (20,13%) e A Coruña (25,04).


Unha cousa é o uso do galego e outra o seu coñecemento. A enquisa do IGE reflexa que hai  117.438 veciños da Costa da Morte que saben falar moito ou bastante en galego. Son o 93,03% da poboación. Hai outro sete por cento dos veciños da zona que pouco ou nada saben falar en galego.

Se ben o galego é a lingua na que mellor afirma desenvolverse a poboación da Costa da Morte á hora de falar, non ocorre o mesmo cando se trata de ler ou escribir. Tan só o 6,6% da poboación asegura desenvolverse mellor lendo textos en galego ante un 63,8% que prefire o castelán. Outro 29,6%  aposta polo bilingüismo á hora de ler. A situación é moi semellante ao escribir, xa que o 65,6% da poboación prefire facelo en castelán fronte a un 6,3% que opta polo galego. Outro 28,14% decántase por ambas linguas. 

A Costa da Morte ten a tasa máis alta de galegofalantes de toda a comunidade

Te puede interesar