Un faladoiro sobre saúde mental e xénero abre os actos do 8M en Zas

Un faladoiro sobre saúde mental e xénero abre os actos do 8M en Zas
Un acto con el alumnado del instituto de Baio

O Concello preparou unha serie de actividades arredor do Día Internacional da Muller, o 8M, que comezarán este lunes no instituto Maximino Romero de Lema de Baio. Ás 16.30 horas haberá un faladoiro sobre a saúde mental e xénero entre o alumnado, a escritora Antía Yañez, a xornalista Ana G. Liste e o psicólogo José Berdullas. 


A maior parte das actividades deste programa levaranse a cabo nos centros de ensino co fin de sensibilizar e fomentar a igualdade de xénero entre os máis novos. Así, o 6 de marzo no colexio Labarta Pose de Baio e o CPI de Zas terá lugar “Con-Ciencia de Muller”, onde participará o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria. O mesmo día haberá un obradoiro de camisetas personalizadas co título “Creatividade e igualdade” co alumnado de ESO do centro de Zas. E o día seguinte será no instituto de Baio. 


Tamén o día 7 de marzo se realizará un auditorio do Concello de Zas un taller sobre o chan pélvico feminino, que impartirá Sabela Maseda, da clínica de Fisioterapia Vértebra. Será a partir das 18:00 horas e nel poderán participar de forma totalmente gratuita todas aquelas mulleres que o desexen independentemente da súa idade. Daranse algúns consellos para previr patoloxías. 

Un faladoiro sobre saúde mental e xénero abre os actos do 8M en Zas

Te puede interesar