Gran ambiente nas Festiletras do Couto

Gran ambiente nas Festiletras do Couto
Un dos espectáculos deste sábado nas Festiletras / Raúl López

A aldea do Couto (Ponteceso) acolle desde o venres a 41ª edición das Festiletras, que promoven a Fundación Eduardo Pondal co apoio da Xunta, Deputación e Concello. O festival está sendo todo un éxito, con eventos fixos como o mercado da Deputación ou o a feira de artesanía e outras variadas propostas, como pasarrúas, teatro, espazos literarios ou concertos. Onte houbo cheo para un peche da primeira xornada con Fetén&Fetén, que actuaron con Rozalén. Hoxe estarán en concerto a partir das 22.30 horas as formacións Moura, Catuxa Salom, Familia Caamagno, Eskorzo e Throes+The Shine.

 

As Festiletras chegan este domingo á súa derradeira xornada cunha amplia programación, que comezará ás 11.00 horas. Os Viqueiras de Ordes serán os encargados do pasarrúas co que abrirán as Festiletras, xunto con Teté Teatro.  Os Farrapos, Tandub e Lamatumbá  completarán a oferta cultural da mañá. A programación retomarase ás 16.00 horas con Berlai e novamente Teté Teatro, xunto co pasarrúas dos Mozos de Donaire e, novamente, Os Farrapos. Ás 18.00 horas será o turno para o concerto de Mallou e Xabier Díaz e amigxos, co que pechará esta edición.

Gran ambiente nas Festiletras do Couto

Te puede interesar