O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse co xefe de Contidos de Prime Vídeo España, Ricardo Carboeiro, para abordar vías de colaboración conxunta "dirixidas a aumentar a inclusión de producións audiovisuais en galego na plataforma".
Na reunión, explican nun comunicado, participaron tamén o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, a subdirectora da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Lourdes Batán, e a responsable de Relacións Institucionais de Prime Vídeo, Chelo Abarca.
Como paso previo, acordouse a elaboración dunha lista de películas en versión orixinal galega a partir das obras depositadas na Filmoteca de Galicia.
Ademais, tamén participaron Mamen Quintas e Julio Casal, produtores executivos de Ficción Producións, cos que se valorou o éxito de difusión que teñen series da produtora compostelá dispoñibles no servizo de streaming de Amazon.