Detido un mozo de Vilagarcía por romperlle un brazo á nai, arrastrala fóra da casa e deixala no corredor

Detido un mozo de Vilagarcía por romperlle un brazo á nai, arrastrala fóra da casa e deixala no corredor
Unha patrulla da Policía Local I GONZALO SALGADO

Un veciño dos Duráns, de 22 anos de idade, foi detido por agredir á súa nai, á que chegou a fracturarlle o úmero.  O arresto produciuse esta pasada noite, despois de que a Policía Nacional fose alertada, dsde o Hospital do Salnés, de que unha muller de 51 anos estaba sendo atendida por unha fractura nun brazo, supostamente producida polo seu fillo.

 

Os axentes trasladáronse ao centro de Ande e a muller explicoulles que, a iso das oito da tarde, o seu fillo a golpeara e a sacara da vivenda, deixándoa tendida no corredor do edificio, ferida e sen prestarlle auxilio. Segundo consta no parte, pese aos fortes dores que sufría puido desprazarse arrastro ata outro andar e solicitar a axuda dunha veciña, que foi quen avisou á ambulancia pasadas as once da noite.

 

Requerida como reforzo, unha patrulla da Policía Local desplazouse ao domicilio familiar, onde se atopaba C.M.M., procedendo á súa detención. A muller foi ingresada no servizo de traumatoloxía, en espera de ser operada.

 

Pasadas as doce e media da noite, a Policía Local atendeu unha segunda agresión. Foi na Rúa Bouza de Arriba, en Vilaxoán, onde efectivos da Policía Nacional atoparon na rúa descalza a unha muller de 54 que denunciou que minutos antes fora agredido pola súa parella, tras unha discusión por un teléfono móbil, engadindo que o seu cuñado tamén resultou agredido cando acudiu a interceder entre eles.

 

A versión foi corroborada, de feito, polo cuñado, que aportou unha gravación no móbil. Por elo, os axentes procederon a deter a JL. F.B., de 55 anos de idade, que non opuxo resistencia e foi trasladado previamente ao PAC para ser atendido algunha lesión.

Detido un mozo de Vilagarcía por romperlle un brazo á nai, arrastrala fóra da casa e deixala no corredor

Te puede interesar