Derrúbase parte do teito da terceira planta do Hospital Materno Infantil de Ourense

Derrúbase parte do teito da terceira planta do Hospital Materno Infantil de Ourense

Unha parte do falso teito do Hospital Materno Infantil de Ourense esborrallouse na terceira planta do edificio, un derrube que non provocou danos persoais pero si materiais.

 

 

Imagen editada


Segundo confirmaron fontes da Consellería de Sanidade trátase de “un pequeno derrube” do falso teito nunha zona de paso do Materno Infantil motivado, ao parecer, polo conduto do aire acondicionado.


Así mesmo, as fontes detallaron que este derrube non afectou á zona de hospitalización e quixeron facer fincapé en que se procedeu de maneira inmediata á limpeza da zona.

 

Outro sinistro
Neste contexto, o ano pasado sucedeu algo similar noutra zona do Materno Infantil e que tamén se saldou con danos materiais. Foi a finais de 2023, cando se rexistrou a caída de parte do teito da sala de partos, na primeira planta do edificio.


Pola súa banda, a deputada nacionalista por Ourense Noa Presas avanzou na xornada de onte que o BNG “vai esixir” a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no Parlamento Galego para dar explicacións sobre este novo derrube que cualificou de “gravísimo” e “que puido ocasionar danos persoais irreparables.” 


Neste sentido, o BNG lembrou nunha nota de prensa que a “deterioración” do edificio do Hospital Materno-Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense “é un dos principais problemas” no ámbito das infraestruturas da sanidade ourensá.


De feito, a formación política denunciou que durante os últimos anos houbo diferentes incidentes que se comunicaron á inspección ou mesmo denunciados publicamente, como caída dun teito na sala de partos a finais de 2023. 

Derrúbase parte do teito da terceira planta do Hospital Materno Infantil de Ourense

Te puede interesar