“Siempre tuve claro que mi primer viaje tenía que ser a Galicia”, asegurou o artista Kepa Junquera, que o venres presentou no hotel Bela Fisterra o libro-documental “Bertiztu” (Renacer), que este sábado tamén leva ata O Couto (Ponteceso). Esta é a súa primeira saída do País Vasco desde que en 2018 sufriu un ictus severo que o apartou dos escenarios. Foi precisamente no Bela Fisterra onde deu o seu último concerto en outubro de 2018. O trikitilari está acompañado neste libro por máis de 40 artistas. Foto: Antonio Nodar