A Real Academia Galega recoñece o traballo do dumbriés Modesto García Quintáns

A Real Academia Galega recoñece o traballo do dumbriés Modesto García Quintáns
Modesto García Quintáns coas autoridades e alumnado de Dumbría I RAG

 Real Academia Galega, a secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Dumbría organizaron o pasado mércores un acto de recoñecemento ao veciño Modesto García Quintáns polo seu traballo de recollida de máis de 8.000 topónimos do municipio dumbriés. 


García Quintáns entregoulles estes topónimos á RAG para seren incorporados a Galicia Nomeada, polo que Dumbría pasará a ser un dos concellos galegos con máis toponimia recollida.


O alcalde dumbriés, Raúl González, agradeceu a Modesto García o labor de tantos anos e destacou a importancia de traballar pola conservación do noso patrimonio inmaterial. O presidente da RAG, Víctor Freixanes, tamén quiso poñer en valor o “agasallo” que lle fai Modesto García á cultura galega.
 

A Real Academia Galega recoñece o traballo do dumbriés Modesto García Quintáns

Te puede interesar