Opinión: 'Dá peniña, pero é o que hai veciños e veciñas de Cee!'

Opinión: 'Dá peniña, pero é o que hai veciños e veciñas de Cee!'
Nadal en Cee

Resposta de Margot Lamela Louzán, alcaldesa de Cee, e Luisa Rodríguez Riveiro, concelleira de Cultura de Cee, ao portavoz do PP local, Jesús Picallo.

 

É o que hai, que pena da ler e escoitar as declaracións do señor Picallo, voceiro do PP de Cee. O señor Picallo comeza a súa andadura política decindo que “Cee iba a facer un negocio con el”, para logo no acto de investidura, xa como concelleiro, en calidade de Presidente da Mesa négase a entregar o “bastón de mando á Alcaldesa”, cometendo así a súa primera falta de respeto institucional ao pobo de Cee, feito que endexamais sucedeu dende a democracia. 


Tal vez, sexa unha frustación oculta a que fala por el cando non sinte nin quere o pobo que representa, nin pode facer un negocio a conta de Cee, feito que o leva a poñer trabas políticas en perxuízo do noso pobo e que xa se explicará no momento oportuno. O señor Picallo é reflexo desa mediocridade política que non ten capacidade de ver o interese común por riba do seu único interese persoal. Cee non é un negocio.


Con relación ás súas declaracións sobre o Nadal non saímos do noso asombro ao calificar de nula a programación navideña, máis de 17 actuacións culturais de diversa índole e para todos os públicos, sen esquecer a ludoteca do Nadal, un espazo aberto durante 15 días en horario de mañá e tarde con inchables e xogos tradicionais, ademais das tres festas organizadas por dúas asociacións coa colaboración do Concello. Teatro, títeres, concertos, tributos, maxia, baile, festas de pre-fin de ano e fin de ano, festa infantil de fin de ano….., así como a chegada de Papá Noel  e a impresionante Cabalgata de Reis, referente a nivel comarcal.


Con relación ao alumeado de Nadal, destacar a súa elegancia. O seu custe ascendeu a 42.253,20 euros fronte aos 95.953 euros do Concello ao que o Sr. Picallo fai referencia. Sen entrar en valoracións, corresponde a cada veciño/a de Cee sacar as súas propias conclusións.


O Sr. Picallo sempre fai referencia a outros Concellos da volta, sendo incapaz de valorar o que se fai en Cee, quizais por esa frustración oculta de non poder facer un negocio con Cee, pobo onde non naceu e iso fai que case sempre fale de Cee en negativo. Cada Concello invirte e prioriza segundo as súas necesidades ou carencias. Cee é un pobo onde a xente ten que vir si ou si, dado que ofrecemos servizos a toda unha comarca.
Para as próximas eleccións aconsellamos ao señor Picallo que se presente nun pobo ao que realmente sinta e admire, no que poda realmente sentirse realizado como político sen que a súa visión sobre ese pobo se limite a un mero negocio. 

 

Margot Lamela Louzán, alcaldesa de Cee, e Luisa Rodríguez Riveiro, concelleira de Cultura de Cee.
 

Opinión: 'Dá peniña, pero é o que hai veciños e veciñas de Cee!'

Te puede interesar