O Concello de Cee adianta o Día do Deporte na Rúa Verán 2024 a mañá venres 19 de xullo, en horario de tarde. A xornada estaba prevista para o sábado 20, pero ante a previsión meteorolóxica de choiva para ese día, decidiu cambiala.
O novo horario das actividades srá de 17.30 a 20.00 horas. Por este motivo, dende o Concello comunican que as rúas Domingo Antonio de Andrade e a Xunqueira permanecerán pechadas ao tráfico dende as 16.30 ás 20.00 horas, e dende as 16.00 horas non se poderá aparcar na Domingo Antonio de Andrade. A esa hora deberá estar libre de vehículos para poder desenvolver as actividades de formas axeitada durante a tarde do venres