A Praza dos Libros de Carballo reúne o mellor da literatura galega actual

A Praza dos Libros de Carballo reúne o mellor da literatura galega actual
A Praza dos Libros presentouse este xoves na Praza de Carballo

Do 6 ao 9 de xullo volve a Praza dos Libros de Carballo (PLIC), que contará co mellor da literatura galega actual, música, teatro, obradoiros e tamén atún e pan de Carballo. A cita foi presentada este xoves polo alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Chano Calvo, e representantes das librarías e editoriais que participarán na PLIC, que nesta edición serán: Trasgo, Teldy, Brañas Verdes, Clarión e Espiral Maior Foro, de Carballo; Á lus do candil, de Arteixo; A gata tola, de Santiago, e Caldeirón, de Malpica.


Xa que a PLIC convivirá coa feira tradicional, os produtos gastronómicos terán un papel moi destacado neste evento literario. Así, todas as persoas que merquen un libro o xoves 6 serán agasalladas cun pack de atún Calvo; e o domingo, día de feira e de despedida da Praza dos Libros, os libreiros entregarán un moletiño de pan de Carballo con cada venda. 


O sector ofrecerá durante os catro días un 10% de desconto en todos os títulos, e ademais con cada libro entregarán unha tarxeta rasca coa que poderán conseguirse premios directos: libros, mochilas, bolígrafos, chaveiros... As casetas estarán abertas ao público de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.


Pola Praza dos Libros pasarán este ano autores coma María Lado, pregoeira desta edición; Marta Vilar, Félix Neira, Francisco Castro, Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland, Héctor Pose, Nee Barros, María Canosa, Alberto Varela Ferreiro, Marilar Aleixandre e Inma López Silva. 

A Praza dos Libros de Carballo reúne o mellor da literatura galega actual

Te puede interesar