O Concello de Carballo convoca o concurso do cartel anunciador das festas do San Xoán deste ano. O prazo para presentar os traballos abría este luns e rematará o vindeiro 17 de marzo.
O premio está dotado con 500 euros e está patrocinado por Opticalia Enríquez, como ven sendo habitual. No concurso podrán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen e que non resultasen gañadores en edicións anteriores. Cada concursante podrá presentar unha única obra.
A técnica a utilizar será libre, o mesmo que os deseños. O cartel deberá de ser vertical, con medidas de entre 40 e 55 centímetros de base e entre 55 e 75 de altura. Os traballos deben ser anónimos e únicamente presentarán un pseudónimo.
Aínda que os motivos do deseño son libre, é necesario incluir o lema “San Xoán 2025, do 19 ao 29 de xuño. Carballo”. As obras deben presentarse na Concellería de Cultura de Carballo. O xurado estará composto por un mínimo de catro membros.