A agrupación deportiva Un paso máis levou as súas actividades ao colexio de Nétoma-Razo, no municipio de Carballo, que se centraron principalmente no deporte adaptado. Todos os nenos do centro de todos os niveis tiveron a oportuniade de disfrutar desta xornada inclusiva o pasado 7 de maio.
A través de diversas actividades e xogos, os estudantes aprenderon que, aínda que todos somos diferentes, tamén somos iguais. A xornada estivo chea de risas, aprendizaxe e, sobre todo, inclusión, tal como destacan dende a entidade.
Os nenos puideron experimentar en primeira persoa como é practicar deporte adaptado, rompendo barreiras e prexuízos, e fomentando o respecto e a empatía cara ás persoas con discapacidade. “Esta experiencia foi inesquecible para todos”, dixo un portavoz de Un paso máis. “É marabilloso ver como os nenos se divirten mentres aprenden unha lección tan importante. Todos somos iguais e diferentes á vez, e iso é o que fai que o mundo sexa tan especial”, engadiron.
Un paso máis espera que esta xornada deixe unha pegada duradeira nos nenos e que sigan levando a mensaxe de inclusión e respecto no seu día a día. A entidade quere agradecer a colaboración de todo o centro. A seguinte cita será no CEIP Bergantiños.