Valentín García pon en valor a literatura e a poesía popular das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras

Valentín García pon en valor a literatura e a poesía popular das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras
O acto celebrouse na igrexa de Santiago de Mens / Cedida

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este sábado no acto de presentación do libro Cantareiras de Xosé Manuel Varela e Icía Varela, onde puxo en valor a literatura e poesía popular a través das figuras das cantareiras ás que este 2025 se lle dedica o Día das Letras Galegas. 


 

No acto, que tivo lugar na igrexa de Santiago de Mens, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou “a importancia de poñer en valor ás mulleres que serán homenaxeadas no día máis importante das nosas letras pola súa contribución á cultura oral”. 

 

Neste senso, incidiu no compromiso do Goberno galego coa difusión da cultura galega a través dunha ampla programación de actividades que se porán en marcha ao abeiro desta conmemoración. 


 

Cantareiras é o resultado da investigación do docente de lingua galega, escritor e divulgador Xosé Manuel Varela, e da filóloga e pandeireteira Icía Varela. 

 

A través deste texto fan un percorrido polo legado da música e a poesía popular co obxectivo de dar a coñecer a figura das cantareiras: Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeiras e As Vellas de Mens. 

 

Ao acto celebrado na igrexa de Mens tamén asistiron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro.

Valentín García pon en valor a literatura e a poesía popular das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras

Te puede interesar