O tempo condiciona os actos das Letras Galegas

O tempo condiciona os actos das Letras Galegas
Os ratos de Lonxedetodo estiveron o mércores en Carballo no programa das Letras I Marema

A situación meteorolóxica desta xornada de 17 de maio, con ameaza de choiva durante todo o día, condiciona as múltiples actividades que se organizan por toda a comarca co motivo das Letras Galegas no seu día grande. En Carballo, os actos das Letras na Rúa vense obrigados a trasladarse á planta alta do mercado municipal, que abrirán coa música da Banda Municipal de Gaitas ás 11.00 horas. 


Continuará o contacontos familiar de Manuela Varela, “As verbas de Luisa”, o concurso infantil de pintura e debuxo Luis Calvo e os concertos de Pablo Díaz e a Banda de Música do Conservatorio. 
En Cabana os actos conmemorativos das Letras serán na Escola de Vela ás 11.00 horas, e a I Foliada de Canduas prevista para mañá sábado suspéndese polo mal tempo. 


Pola súa banda, a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso entrega hoxe os seus premios Bos e Xenerosos a Yolanda Castaño, Anxo Angueira, Guillerme Fernández, Jaime Izquierdo e a Fundación Uxío Novoneyra. 
En Buño (Malpica) esta tarde celébrase a II Ruada nun mar de letras, con Carcaxía, Raigañas, Xisco Feijóo e Paracetafolk, que tamén se traslada ao antigo centro comarcal. 

O tempo condiciona os actos das Letras Galegas

Te puede interesar