A Costa da Morte encheuse de música e letras para festexar o 17 de maio

A Costa da Morte encheuse de música e letras para festexar o 17 de maio
A Banda de Música de Carballo na Praza do Concello de Carballo I Marema

A Costa da Morte encheuse de música e letras neste 17 de maio no que se conmemora o Día das Letras Galegas. Os actos son unha mostra de reivindicación da cultura galega en todas as localidades, aínda que Carballo converteuse no epicentro cultural desta xornada festiva. 


A Praza do Concello acolleu diferentes actividades durante toda a mañá, que comezaban cos pasarrúas da Banda Municipal de Gaitas e a apertura das Letras na Rúa. O concurso infantil de pintura e debuxo Luis Calvo reuniu a un bo número de rapaces, que tamén pudieron desfrutar dos monicreques con Inacio Vilariño. 


A Escola de Regueifa de Carballo, dirixida por Lupe Blanco, ofrecía unha boa mostra do seu traballo, a pesar da súa curta traxectoria. A mañá festiva completouse co Concerto das Letras coa Banda de Música do Conservatorio, interpretando varias pezas típicas da cultura galega. 


Polas rúas de Cee tamén sonou este 17 de maio a música galega para festexar o Día das Letras da man da Asociación Cultural Pedras Miúdas de Lires, Mestura Fol e Nin chica nin patacón. O bo tempo animou aos vecinos a salir á rúa en toda a comarca para desfrutar deste día.  Na Praza da Constitución de Fisterra escoitáronse cantos de labor, alalás e poemas musicados a cargo do dúo de piano e voz Cristian Legguiero e Patty Lesta, rendendo así unha homenaxe á música tradicional. 


Pola tarde a festa trasladouse ata Buño (Malpica) coa I Ruada nun Mar de Letras, onde a música tradicional sonaba con forza nesta pequena localidade.

A Costa da Morte encheuse de música e letras para festexar o 17 de maio

Te puede interesar