A Costa da Morte alza a voz contra a violencia machista

A Costa da Morte alza a voz contra a violencia machista
25N malpica (4) 60358.89

"Nacer muller non pode implicar discriminación e violencia”. Esta frase pronunciada onte pola alcaldesa de Cee, Margot Lamela, no acto do 25 de novembro, Día Internacional da Violencia contra a Muller, resume a esencia desta xornada, onde a Costa da Morte se mobilizou contra as violencias machistas.  
“A diferencia biolóxica entre homes e mulleres foi utilizada historicamente coma un argumento para xustificar a desigualdade”, indicou a rexedora, ao tempo que destacaba que “o problema non está na diferencia en si, senón na discriminación inxusta” polo simple feito de ser muller. 


O Concello de Cee alzou de novo a súa voz neste 25N para mostrar a súa repulsa pola violencia machista e o seu compromiso na loita contra o “machismo interiorizado, ese machismo que nos leva a xulgarnos á nós mesmas e ás nosas compañeiras”, tal como lembrou Margot Lamela. Frases ás veces inconscientes como xulgar a unha muller por coidar moito o seu aspecto, ou no caso contrario, por non coidalo nada, por dicir que non quere ter fillos... forman parte dese machismo interiorizado froito dunha sociedade que nos educou “para competir sempre entre nós, como un deber de ser perfectas”. 


No acto participaron os usuarios de Apem, Aspadex e centros escolares do municipio, que expuseron os traballos realizados na loita contra estas violencias. A concelleira de Servicios Sociais, Emilia Trillo, foi a encargada de ler o manifesto institucional para render homenaxe a todas as víctimas e mostrar o compromiso para erradicar estes comportamentos.  

 

 S7A9901 84315.20
Acto celebrado este lunes en Cee I Fuentes Cee


A súa homóloga de Malpica, Marisol Blanco Gorín, leu o manifesto nesta localidade, baixo o lema “Que a nosa luz apague para sempre a violencia de xénero”, e, ademais de gardar un minuto de silencio polas víctimas, lembrouse o caso de Estela Blach, asasinada en Baiona, e fixo fincapé no número de vítimas deste ano, que ascende a 41 en España Veciños, membros da Corporación, asociacións locais e funcionarios uníronse a este acto. 

 

 

 

 


Na Praza do Concello de Carballo celebrouse a concentración  máis multitudinaria da comarca na tarde de onte, onde a concelleira Maica Ures lía o manifesto consensuado por toda a Corporación que pon o foco especialmente na violencia invisible. “A violencia invisible maniféstase en actitudes, comportamentos e dinámicas que, sen deixar marcas físicas minan a autoestima, a liberdade e a dignidade das mulleres”, subliñou. 

 

Os actos arredor do 25N sucedéronse en todos os concellos da comarca. 

 

2S2A5484 00917.31
Concentración este luns na Praza do Concello de Carballo I Marema

A Costa da Morte alza a voz contra a violencia machista

Te puede interesar